CRTVG

Buscar

O senador de Vox denunciado por maltrato di agora que non deixa a acta: "Foi un intre de vulnerabilidade"

Publicado o 24/02/2020 10:29
O senador de Vox denunciado por maltrato di agora que non deixa a acta: "Foi un intre de vulnerabilidade"

O senador de Vox por Ceuta denunciado por presuntos malos tratos á súa muller, Juan Ros, dirixiu un escrito á presidencia do Senado en que asegura que non vai renunciar á acta de parlamentario como el mesmo comunicou á cámara o pasado xoves tras ser denunciado o mércores pola Garda Civil. No escrito, ao que tivo acceso Europa Press, expón que presentou aquela renuncia "de maneira apresurada, nun momento de vulnerabilidade", declárase inocente e asegura que as acusacións que lle fan son falsas, polo que non vai renunciar á acta de senador por "a confianza, o afecto e o respecto que sempre tivo dos cidadáns".

Fontes parlamentarias explicaron a Europa Press que a renuncia ao escano ten efectos inmediatos e que o senador foi dado de baixa. En calquera caso, os escritos que dirixiu á presidencia serán revisados pola Mesa do Senado na súa reunión deste martes. Vox suspendeu de militancia ao senador o mesmo mércores pola noite tras notificar a Garda Civil os feitos ocorridos ao Xulgado de Violencia contra a Muller número 1 de Málaga.