CRTVG

Buscar

O Senado rexeita unha moción do PP que pedía cambios no estatuto electrointensivo

Publicado o 04/03/2020 12:40

O Senado rexeitou unha moción do PP que pedía máis medidas de apoio industrial para os grandes consumidores de electricidade e cambios no estatuto que prepara o Goberno.

Entre eles, que haxa un trato diferenciado para Alcoa San Cibrao por consumir o 30% de toda a enerxía industrial. E dinlle ao PSOE que escoite os seus gobernos autonómicos en Asturias e Cantabria, unidos a Galicia nas alegacións ao Estatuto.

O PSOE rexeitou a mocion por considerala electoralista e defendeu o seu estatuto. A inaciativa decaeu con 136 votos en contra e 104 a favor.

Noticias web

04/03/2020