CRTVG

Buscar

O Senado rexeita unha moción do PP para instar o Goberno a crear unha fiscalía para actos de enaltecemento do terrorismo

Publicado o 18/10/2021 21:00

O Senado rexeitou a moción do PP para instar o Goberno a crear unha Fiscalia para investigar actos de enaltecemento do terrorismo, sobre todo polas homenaxes a presos da ETA. O Partido Socialista votou en contra. Propúxolle ao PP retirar a moción e que ratificasen o pacto antiterrorista asinado polas dúas formacións no ano 2000.

"O grupo parlamentario socialista esíxelle ao Partido Popular que deixe de utilizar o terrorismo como instrumento de confrontación política permanente e que deixe de utilizar a dor das vítimas en beneficio dunha estratexia que é moral e eticamente repudiable", di José María Oleaga, senador do PSOE.

"Eu sei cales son as necesidades parlamentarias do Goberno que contribúen desgraciadamente a irritar as vítimas e a unha especie de branqueamento de determinada formación política que, aínda hoxe, non condena o terrorismo", di Rafael Hernando, senador do PP.

Noticias web

18/10/2021