CRTVG

Buscar

O Senado debate o proxecto de lei que penaliza as herdanzas en vida

Publicado o 23/06/2021 16:32

O Senado debate o proxecto de lei que penaliza as herdanzas en vida, pactos sucesorios propios do dereito civil galego que o Goberno de España inclúe no seu plan de medidas contra a fraude fiscal.

Hai emendas mesmo do PSOE para corrixir a proposta do ministerio de Facenda que castiga esas herdanzas en vida. Segundo o PP, son cambios claramente insuficientes porque que non corrixen o prexuízo.

A senadora Helena Muñoz defendeu a emenda popular, emenda de supresión, para evitar este golpe fiscal ás herdanzas en vida.

Noticias web

23/06/2021