O Senado, Corina Porro e Laxe, medallas Anfaco 2019
Publicado o 03/05/2019 15:30

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conserva acaba de entregar en Vigo as medallas que concede cada ano a persoas ou institucións que apoian o sector.
No acto, o presidente da Xunta destacou que o oitenta por cento da produción española é de orixe galega e que doce mil persoas traballan neste sector.
A distinción de ouro nesta edición é para o Senado, a de prata para Corina Porro e Fernando González Laxe, e a de bronce, como é tradicional, para traballadores da conserva.