CRTVG

Buscar

O Senado aproba unha iniciativa do PP para pedir unha baixada do IVE dos salóns de peiteado

Publicado o 22/09/2021 20:05

O Senado aprobou hoxe a moción presentada polo Partido Popular en que se pide ao Goberno que nos orzamentos xerais do Estado para o proximo ano se inclúa a redución do IVE do 21 ao 10% aos servizos de peiteado, barbería e estética.

A redución do IVE é unha vella reivindicación dun sector moi castigado pola pandemia. A petición contou co apoio de todos os grupos parlamentarios coa excepción do socialista que votou en contra.


 

Noticias web

22/09/2021