CRTVG

Buscar

O Senado aproba castigar ata con 4 anos de cárcere fuxir tras un accidente

Publicado o 20/02/2019 21:34

O Senado aprobou definitivamente por 222 votos a favor e 17 en contra a modificación do Código Penal en dous artigos básicos para a seguridade viaria. 

A partir da entrada en vigor da reforma do Código Penal aprobada esta tarde polo Senado, considerarase imprudencia grave conducir con exceso de velocidade, conducir baixo a influencia de alcol e baixo os efectos de drogas. Nestes tres casos, se hai un accidente, serán agravantes na aplicación da pena, que sobe de un máximo de 4 anos a 6 anos de prisión.

Este aumento da pena aplicarase cando haxa dous mortos ou un morto e un lesionado moi grave. Unha segunda modificación importante. Pasa a ser delito o abandono do lugar do accidente cando se cometeu unha imprudencia ao volante. Sancionarase con ata catro anos de prisión e retirada de carné polo mesmo tempo.  

 

Noticias web

20/02/2019