O Senado aproba a nova senda de déficit
O Senado aprobou esta tarde a senda de déficit e o teito de gasto, o que lle permite ao Goberno encauzar os presupostos de 2020.
A Cámara Alta validou as contas do Executivo con 133 votos a favor e 114 en contra: os de PP, Ciudadanos, Junts per Cataluña, Vox e UPN.
Unha vez obtivo o apoio do Senado, o Goberno empezará a elaborar o proxecto de presupostos de 2020, que quere aprobar antes de que acabe o verán. Para conseguilo, pide o apoio de todos os grupos.
María Jesús Montero, ministra de Facenda: "España ten un enorme potencial de crecemento, como para que o bloqueo volva ás institucións, e paralice as oportunidades de avance que ten a cidadanía"
Ruth Goñi, Ciudadanos: "Todos os españois van saír prexudicados cunhas contas podemizadas, e que van en sentido contrario ao que precisa este país"
Jacobo González-Robatto, VOX: "Grazas ás súas políticas en Cataluña o nacionalismo catalán conseguiu botar milleiros de empresas da comunidade, e agora pretenden tapar este burato cos cartos de todos os españois"
José Vicente Marí Bossó, PP: "Non vai deixar bostede títere con cabeza: pretende someter aos españois ao mesmo inferno fiscal que como conselleira da Junta de Andalucía someteu vostede aos andaluces"
Ander Gil, PSOE: "Fíxense na súa debilidade argumental e na súa falta de alternativa que xa anticipan o seu rexeitamento aos presupostos xerais do Estado sen coñecer unha soa cifra dos mesmos"