O Senado apoia que a FAO abra unha oficina en Vigo
Publicado o 18/03/2021 21:28

O Senado apoia que Vigo conte cunha oficina da Organización para a Alimentación é a Agricultura. A Cámara Alta aprobou unha moción instando o Goberno a que faga chegar esa petición a Nacións Unidas. A oficina tería como obxectivo desenvolver e xestionar unha rede global de portos. Xustifícano pola importancia mundial do porto de Vigo na descarga de peixe para consumo humano. A iniciativa partiu do senador popular Javier Guerra. Aprobouse sen votos en contra e coa abstención do Grupo Socialista.