CRTVG

Buscar

O seguro da ANPA dun colexio de Vigo deberá indemnizar unha nai que tivo que ser operada tras un balonazo no patio

Publicado o 09/08/2019 13:41

A ANPA dun colexio de Vigo deberá indemnizar con 27.900 euros unha nai, que tamén pertencía á ANPA, por un balonazo nunha festa de fin de curso. A nai denunciante estivo un ano de baixa e tamén quedou sen lentes polo accidente.

O custo será asumido pola aseguradora da ANPA, que puido evitar todo este proceso xudicial se asumise o custo inicial da intervención ocular á que foi sometida a nai, algo máis de mil euros.

A festa fin de curso neste colexio vigués, situado no barrio de Coia, rematou nunha lea xudicial que se podería evitar se a compañía de seguros da ANPA asumise o custo da operación ocular á que tivo que ser sometida unha nai do colexio por un balonazo dun cativo, cun custo próximo aos mil euros

A nai, que tamén pertencía a ANPA, denunciou a asociación de nais e pais e os pais do cativo que lanzou ao balón. Finalmente, a condenada é a ANPA, aínda que os gastos os vai asumir a compañía de seguros, e a Audiencia de Pontevedra considerou que a aseguradora terá que custear tamén o ano de baixa e as lentes da vítima, en total 27.900 euros.

A letrada de oficio da nai está moi satisfeita da sentenza. Fontes da ANPA din que entenderon a postura da nai, aínda que rexeitaron facer declaracións. Inicialmente, molestoulles máis a denuncia. Todas as partes consideran que non habería litixio se a aseguradora asumise o custo desde o principio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019