CRTVG

Buscar

O segundo triunfo consecutivo desta campaña pasa polo Cidade de Valencia

Publicado o 21/12/2019 13:41

Mañá no Cidade de Valencia, os García contra os López, Paco e José Antonio contra Óscar e Roger que logo do pase en Copa do Rei buscan en Valencia non cometer erros atrás e converter en goles as ocasións que, agora, si se crean.

Óscar García, adestrdaor do R.C. Celta: "Desde que chegamos estamos creando moitas ocasións de gol, pero os erros atrás castigan".

Minimizar erros e que non chegue o rival con facilidade en momentos chave do encontro onde a concentración debe ser máxima, polo que acertar no once semella vital.

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "O once ideal é o once que gañe todos os partidos".

O irmán de Óscar, Roger, que dirixiú un adestramento esta senana dá unha idea dos que poden ser titulares mañá en Valencia porque non viaxaron na Copa.

Roger García, segundo adestrador do R.C. Celta: "Néstor, Lucas. Okay, Lobo e Rafinha quedan na casa."

Arestora o equipo realiza a última sesión de traballo antes de viaxar cara a terras levantinas.

Noticias web

21/12/2019