CRTVG

Buscar

O segundo premio deixa 1.250.000 euros en Ferrol

Publicado o 22/12/2020 15:29

Ademais do Gordo, parte do segundo premio quedou tamén en Galicia, concretamente en Ferrol. Na popular administración de Bonilla vendéronse 10 décimos do número 06.095. En total 1.250.000 euros, 125.000 euros en cada décimo.

Di o loteiro que se vendeu todo por ventá e que todo apunta a que puido quedar na cidade ou na comarca.

É o primeiro premio importante que dá o novo loteiro, que leva seis anos á fronte desta administración cunha ampla traxectoria de repartimento de fortuna en Ferrol.

 

 

Noticias web

22/12/2020