CRTVG

Buscar

O segundo intento de remolque non logra mover o Blue Star

Publicado o 10/12/2019 15:16
O segundo intento de remolque non logra mover o Blue Star

Os remolcadores desprazados a Ares para o rescate do quimiqueiro Blue Star non lograron que o segundo intento de traslado da embarcación, acometido na madrugada deste martes, concluíse con éxito ao rexistrarse condicións no mar máis benévolas do esperado.

Tras un primeiro exercicio pouco frutuoso na tarde do luns, realizouse outro segundo arredor das 2:00 horas na zona costeira das Mirandas. Desenvolveuse, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, en coincidencia cunha nova preamar, menos intensa do previsto.

No intento de remolque da tarde do luns logrouse desprazar a unidade con pavillón de Malta arredor de dez metros desde a súa posición orixinal.

A Delegación do Goberno en Galicia comunicou este martes que durante "a madrugada mantívose a tensión cos dous remolcadores para que o barco non se mova" cara a unha localización que impida o remolque.

"Na preamar non se deron as circunstancias para tirar; a operación retomarase nos próximos días", avanzaron.