CRTVG

Buscar

O forense reprocha que non se alertou do "gran risco" de contaxio no 8-M

Publicado o 09/06/2020 08:59

O segundo informe do médico forense adscrito ao Xulgado de instrución número 51 reprocha ás autoridades que faltou autoprotección dos cidadáns que asistiron a manifestacións como a do Día da Muller do 8 de marzo porque non se alertou do "gran risco" que existía de contaxiar o coronavirus.

Así consta no segundo informe asinado polo médico forense Julio Lorenzo Rego, con data de 8 de xuño, dentro da investigación dirixida pola titular do Xulgado de instrución número 51 de Madrid, Carmen Rodríguez Medel, que investiga un posible delito de prevaricación polo que imputou o delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco.

O documento sinala que evitar manifestacións como a do 8 M frearía unha "ampla difusión" da COVID-19, "de igual modo que advertir a poboación sobre o gran risco de contaxio" facilitaría que os cidadáns "adoptasen as medidas hixiénicas necesarias para a súa protección en relación á gravidade da enfermidade".

Noticias web

09/06/2020