CRTVG

Buscar

O segredo da orixe e dos traxes dos xenerais da Ulla, revelado en 'A revista'

Publicado o 25/02/2019 13:53

E no noso percorrido do Entroido hoxe tócanos facer parada moi pretiño de Santiago. Imos amosarlles o segredo do Entroido da comarca da Ulla. Os personaxes máis importantes son os xenerais e os correos a cabalo, que percorren parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes. Van acompañados dun exército de coros comparsas e parrandas. 

Están no estudio David Munin, un xeneral; Luís Montáns, un correo, e Luís Montero, un xastre.

A primeira documentación que se ten sobre o Entroido dos xenerais da Ulla é dos anos 70. A súa orixe está nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ao longo do século XIX. Primeira loita contra a invasión francesa e despois a revolución do 1846 que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas percorrendo o espazo en que hoxe se mantén vivo este Entroido.

Terminan escenificando un atranque (o alto), enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, sucedidos durante o ano.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019