O sector turístico sofre co peche da Mariña
A decisión do peche da Mariña chega en pleno período de vacacións e aféctalle especialmente o sector turístico. É un destino tradicional de visitantes no verán e hai moitísimas segundas residencias, que agora teñen pechado o acceso.
Divididos pola situación, unha hostaleira cóntanos que onte mesmo tiñan unhas cantas reservas que cancelaron "nada máis escoitar a noticia".
Os que menos, decidiron quedar na Mariña e os hoteis agradecen que apoien a unha hostalería que reduce ao 50% a capacidade de acollemento. Terá que pechar ás doce da noite e non poden usar as barras.
O xerente dun hotel en Viveiro asegura que a "avaliación económica é un pao, porque é un retroceso nun momento ilusionante porque estabamos despegando no verán. Pero é un pouco o que nos tocou xogar, non? porque estas decisións tómanse para garantir a seguridade de todos".
O turismo e o comercio asumen o peche. Agardan que sirva para poder aproveitar o resto do verán. "Teño unhas cantas reservas con grupos e excursións. Agarmos que veñan", di esta hostaleira.
Os que quedan terán que someterse ás mesmas regras que os veciños. Con máscara sempre, obrigatoria tamén en praias e piscinas, salvo no momento do baño. E os comerciantes saben que "esta semana vai ser complicada".
Nos areais, a distancia de seguridade pasa a ser de catro metros. Hsotaleiros e comerciantes piden "tomar conciencia, porque sempre pensamos que lle vai suceder a outro, que non nos vai suceder a nós... ata que sucede".