CRTVG

Buscar

O sector turístico mundial afronta perdas de 2,5 billóns de euros

Publicado o 26/04/2020 18:45

O turismo mundial podería perder uns 2.5 billóns de euros polo impacto do coronavirus. O Consello Mundial de Viaxes e Turismo estima que estarían en risco case 100 millóns de postos de traballo. Un dos principais causantes desta profunda crise sería a suspensión das visitas internacionais por parte da China. Os turistas daquel país son os que máis gastan por viaxe do mundo.

A organización do sector privado calcula que o turismo supón o 10,3 por cento do PIB mundial. A OCDE agarda unha caída do 45 por cento no turismo internacional, que podería chegar ao 70 por cento se a recuperación da crise pola pandemia se prolonga ata setembro.

 

Noticias web

26/04/2020