CRTVG

Buscar

O sector turístico galego confía en superar os cinco millóns de visitantes

Publicado o 07/12/2017 09:07

O sector turístico galego confía en superar este ano, por primeira vez na historia, os cinco millóns de visitantes.

O ano pasado quedamos en 4'7 millóns, e este ano xa levabamos 4'6 a día 1 de novembro. Así as cousas, a barreira dos cinco millóns podería quedar superada nesta longa ponte de decembro.
Tamén vai en aumento o número de turistas estranxeiros, aínda que segue primando o turismo nacional.

Os visitantes que escolleron Galicia para pasar estes días parece que se van atopar con frío. O destes días é un turismo maiormente nacional, que busca a oferta de cultura, natureza e gastronomía. Os turistas que nos visitan nesta ponte festiva son principalmente visitantes doutras comunidades españolas.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017