CRTVG

Buscar

O sector privado esixe vacina nos Estados Unidos

Publicado o 10/08/2021 08:28
O sector privado esixe vacina nos Estados Unidos

As grandes empresas de Estados Unidos comezan a esixir aos seus traballadores a vacina contra a covid-19. Nalgúns casos, pasando do incentivo á obrigatoriedade, en vista da suba de casos que ameaza con obstaculizar a súa reapertura.

Os empregados públicos e traballadores sanitarios foron os primeiros en cumprir estes requisitos que chegan ao sector privado, que evitou durante meses impoñer medidas deste tipo.

Hai máis de 90 millóns de persoas que non recibiron ningunha picada.

Noticias web

10/08/2021