O sector pesqueiro pídelle á UE máis flexibilidade na aplicación da normativa dos descartes
A obriga de desembarque paralizou algunhas pesqueiras desde xaneiro, en que a prohibición de descartes se aplica en todas as especies. O sector estase adaptando á normativa, pero pídelle á Unión Europea máis marxe.
Juan carlos Corrás, presidente de FREMSS: "A Comisión Europea debe ser máis flexible na aplicación da política de descartes cero. E debe permitirlles ás frotas que vaian mellorando a diminución dos descartes nas súas pesqueiras, pero non á custa de ter paralizadas as frotas".
O sector defende as cotas sostibles. E busca parar os novos recortes que quere impoñer a Unión Europea.
Torcuato Teixeira, secretario de FREMSS: "No Cantábrico, por exemplo, tanto o xurelo, como a pescada, como por suposto a cigala, que está pechada, están nun estado en que permitiría unha explotación maior e maiores recursos económicos".
No eido social buscan adaptar a normativa do rexistro da xornada laboral ao sector e incentivar a remuda xeracional con medidas de promoción laboral e conciliación familiar.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí