O sector pesqueiro galego oponse á eliminación das bonificacións do gasóleo
O sector pesqueiro teme pola súa supervivencia. Bruxelas segue adiante coa proposta de deixar sen bonificacións o gasóleo que usan nos barcos, e os seus propietarios aseguran que moitos non van sobrevivir a esta reforma.
A aplicación da directiva europea de Tributación Enerxética suporía triplicar o prezo do combustible. Segundo os colectivos profesionais dedicados á pesca, a medida pon en risco, sobre todo, a frota artesanal e as actividades portuarias vencelladas á repostaxe.
A aplicación dos impostos repercutiría en, como mínimo, 14 euros máis por cada 100 litros de gasóleo que entran nos tanques das embarcacións. Segundo o sector, a suspensión das exencións fiscais rompería o delicado equilibrio en que se manteñen. Na actualidade, o combustible xa supón do 40 ao 60 % dos gastos fixos das empresas pesqueiras.