CRTVG

Buscar

O sector pesqueiro crece un 11% en Galicia

Publicado o 03/01/2019 20:43

O sector pesqueiro medrou nos últimos dous anos. Factura máis e contrata máis xente.
Vexan os datos. Incrementouse a facturación un 11 por cento de media. Significa que se ampliou o volume de negocio. E tamén creceu a man de obra. O peso dos traballadores é o 7 por cento máis. Incorporáronse 742 mariñeiros. E cal é a cifra de negocio que move a pesca e a acuicultura? Pois move máis de mil cento corenta millóns de euros.



FACTURACIÓN
(SOBE FRECHA) 11%

TRABALLADORES
(SOBE FRECHA) 742

NEGOCIO
1.146 MILLÓNS


Fonte: Ocupesca, Pesca de Galicia

Noticias web

03/01/2019