CRTVG

Buscar

O sector mineiro prevé crear 800 empregos grazas á Lei de implantación empresarial

Publicado o 14/11/2017 14:49

O sector mineiro prevé a creación de 800 empregos grazas á Lei de implantación empresarial. Así llo confirmaron hoxe a Alberto Núñez Feijóo, que anunciou en Carballeda de Valdeorras tres millóns de euros para proxectos innovadores que reduzan as doenzas profesionais nas fábricas de lousa.

Galicia é lider mundial en produción de lousa para cubertas. Das preto de 500.000 toneladas ao ano que produce España, entre o 60 e o 70 sae da nosa comunidade. As comarcas de Valdeorras e Quiroga, xunto coa de Ortigueira, concentra a maior parte das empresas, ao redor de medio cento de firmas.

O número de traballos indirectos supera os dez mil. O 95 por cento da produción de lousa vai para fóra das nosas fronteiras. O ano pasado superaron os 150 millóns de euros en exportacións.

No que levamos de 2017 as exportacións medraron ao redor dun 2% con respecto ao ano pasado aínda que o prezo foi un 0,7 por cento inferior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017