CRTVG

Buscar

O sector metal precisa 800 traballadores cualificados

Publicado o 15/10/2021 14:50

A carencia de persoal cualificado para as vacantes no sector industrial e metalúrxico galego incrementouse nos últimos meses. Aseguran dende o sector que se precisan perfís tecnolóxicos e técnicos, con oportunidades na loxística, na soldadura ou na matricería.

Nos centros de Formación Profesional tamén comprobaron o aumento da demanda de persoal cualificado.Neste centro completan cada ano as prazas que ofertan na rama da fabricación metálica.

A propia Asociación de Industrias do Metal, coa Consellería de Emprego e o Ministerio de Traballo, organizan programas de formación destinados ás necesidades das empresas do sector.

Noticias web

15/10/2021