CRTVG

Buscar

O sector marisqueiro pecha o ano con bos resultados

Publicado o 26/01/2021 00:32

Foi un ano complicado para o sector do marisqueo en Galicia. Estiveron parados por diferentes epìsodios de toxinas, e a pandemia condicionou todo o seu traballo.

Por iso tiñan poucas esperanzas na campaña do Nadal e foron os primeiros sorprendidos coa vendas e cos prezos acadados, que, nalgunhas lonxas,  bateron marcas.

Pensan que o consumo en decembro superou unhas previsións demasiado pesimistas e que a competencia foi menor, xa que a pandemia dificultou a entrada de produto dende outros países como Portugal.

Din que a costa de xanerio tampouco está a deixar malos datos, porén traballan ao día porque a evolución da pandemia enche o seu futuro de incertezas.

Noticias web

26/01/2021