CRTVG

Buscar

O sector inmobiliario, paralizado pola pandemia

Publicado o 26/03/2020 17:32

O estado de alarma decretado ante a gravidade da pandemia de coronavirus provocou o peche masivo de negocios e a paralización total do sector inmobiliario.

Moitos espertos dan xa por perdido este ano para o sector. Coa poboación confinada nos seus domicilios, a compra de vivenda deixou de ser unha prioridade e a falta de demanda provocará unha previsible caída dos prezos.

Carlos Debasa, presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias: "Atopámonos nunha completa paréntese en que todo o que quedou antes do catorce de marzo practicamente non vai ter saída ata que remate o estado de alarma. A situación do sector é de bloqueo total e total parálise esperando que todo isto pase canto antes mellor."

Os expertos coinciden en que, canto máis tempo se prolongue esta situación excepcional, maiores serán os danos e o período de recuperación do sector.

Noticias web

26/03/2020