O sector industrial e a lingua galega marcan a sesión de control do Parlamento
Publicado o 08/05/2019 15:19
Sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento. Feijóo mostrouse esta mañá indignado co trato que o Goberno central lle dispensa a Galicia, e máis concretamente á súa industria. Citou os casos de Alcoa e de Ence. Foi a resposta a unha pregunta do voceiro socialista sobre o declive poboacional e económico das zonas rurais. Tamén o voceiro de En Marea debateu co presidente sobre políticas de emprego industrial.
Lingua galega
O presidente da Xunta di que o BNG e Vox están nos extremos da política, e que por iso sacaron os mesmos votos en Galicia nas pasadas eleccións. A voceira do BNG acusábao de discriminar o galego. Para Feijóo, é curioso que desde Vox e Ciudadanos o acusen xusto do contrario.