O sector industrial de Vigo reclama a axilización do Corredor Atlántico
Publicado o 22/10/2020 14:28
O sector industrial de Vigo reclámalle ao Goberno Central unha aposta clara e a dotación de fondos para o Corredor Atlántico. Entenden que teñen que darlle a mesma prioridade que ao Corredor Mediterráneo, para o que xa anunciaron que se van triplicar os investimentos ata 2022.
Din os empresarios que non ter esta conexión dende o noroeste suporá perdas de ata un 35% do PIB, ao non competir en ingualdade de condicións.