O sector hoteleiro agarda un crecemento das reservas para esta Semana Santa
Publicado o 13/04/2019 15:15
Viaxeiros que van e que veñen. Viveiro e Ferrol volverán estar ao completo para os días grandes da Semana Santa. As reservas esténdese mesmo a concellos lindeiros.
O sector hostaleiro di que estas datas son claves para eles, xa que o esplendor das súas imaxes fai que a pobación se duplique. Así se reflicte na sondaxe preliminar realizada polo sector que inicialmente estima ocupacións entre o 80 e 85% nas xornadas festivas na comunidade. Apuntan a boas perspectivas en canto a contratación e tamén unha mellora da rendibilidade, con incrementos nos prezos medios por cuarto de ata o 20%.