CRTVG

Buscar

O sector hostaleiro lamenta a escaseza de persoal cualificado para a temporada estival

Publicado o 08/07/2019 21:36

Coas primeiras raiolas do verán quentando Galicia, na area non queda un oco para colocar a toalla. E dende a praia, ás terrazas, onde reforzan o persoal. Con todo, a escaseza de traballadores cualificados está dificultando a busca de candidatos para estes postos. "Buscas traballar todo o ano, non en determinadas épocas. O turismo en Galicia é moi estacional, o mesmo que o resto de España, entón a xente o que busca é unha estabilidade no seu posto de traballo" di Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

A estacionalidade do turismo en Galicia é a causa principal desta escaseza. Os establecementos súplena a través de centros de formación ou coas súas propias bolsas de emprego. "Traballamos con centros de FP, ciclos de aloxamento e restauración. Procuramos que a xente veña cun mínimo de experiencia para poder formalos nas nosas formas de traballar coas características que pretendemos", afirma Leonardo López, director de hotel. 

76.000 contratos son os que se prevén en Galicia con vistas á temporada de verán. Uns contratos para un sector que require cada vez máis unha formación especializada.
 

Noticias web

08/07/2019