O sector hostaleiro galego xa cobrou 40 millóns de euros do segundo plan de rescate da Xunta
Publicado o 08/04/2021 20:42
A Xunta está disposta a ampliar os horarios da hostalería se se mantén a boa evolución da pandemia en Galicia.
O vicepresidente primeiro e os conselleiros de Sanidade e Emprego mantiveron esta tarde unha nova xuntanza co sector para abordar como será a desescalada. Alfonso Rueda informou de que xa se entregaron 40 millóns de euros do segundo plan de rescate á hostalería. E lamentou que as axudas prometidas polo Goberno central para o sector non acaben de chegar.