O sector hostaleiro, abocado de novo aos ERTE
Publicado o 09/11/2020 15:06
A segunda onda de contaxios coincide tamén cunha segunda onda de ERTE. A hostalería vese na obriga de recorrer de novo a esta medida.
Tentan realizar os trámites canto antes para dar cobertura aos traballadores e ao propio negocio.
As oficinas do servizo público de emprego estatal viven esta segunda avalancha de tramitacións e tamén as asesorías traballan arreo pola gran cantidade de dúbidas entre os empresarios do sector.
Nesta ocasión os hostaleiros din que hai máis incerteza e temen que a pandemia cause peches definitivos.