CRTVG

Buscar

O sector gandeiro indignado pola campaña do Ministerio de Consumo para reducir a inxesta de carne

Publicado o 08/07/2021 14:41

Unións Agrarias considera un erro político criminalizar o consumo de carne e denuncia unha manipulación das cifras de contaminación. Os maiores índices de CO2 están en Madrid e non nas explotacións gandeiras galegas, din. Os productores o ven coma un novo golpe a engadir á complicada situación que viven polos prezos baixos da carne.

Un sistema productivo que en Galicia é ademais respetuoso co medio natural e que ademais actúa coma cortalumes contra os incendios forestais. Segundo a FAO, España é o pais europeo no que se consume máis carne. España é un dos principais productores de vacún e porcino da Unión Europea e o primeiro productor de ovino e caprino.




 

Noticias web

08/07/2021