O sector forestal reivindica que plantar piñeiros é rendible
Publicado o 25/10/2021 18:50
Cada vez hai máis demanda de madeira de piñeiro. O piñeiro galego úsase na construccón ou no bricolaxe pero, aumenta considerablemente o uso na decoración ou en embalaxes. Nos últimos nove meses aumentou o prezo da madeira de piñeiro. Quedan en Galicia máis de douscentos cincuenta serradoiros. O futuro desta madeira é atractivo, din desde o sector forestal.
Está en marcha a marca de garantía de calidade Piñeiro de Galicia. En breve estará funcionando e servirá para certificar e clasificar os produtos de transformación de madeira. Facer atractivo o piñeiro de calidade é o obxectivo principal do sector forestal que chama a atención sobre a perda de milleiros de plantacións de hectáreas de piñeiral cada ano en Galicia.