CRTVG

Buscar

O sector forestal advirte de que o peche de Ence afectaría 3.000 empresas

Publicado o 11/04/2019 15:43

O sector forestal alerta das consecuencias que tería o peche da planta de Ence en Lourizán. Tres mil empresas veríanse afectadas xunto aos popietarios de montes, viveiros e transportistas que dependen dos 85 millóns de euros que se distribúen anualmente entres moitas familias. 

Unha das consecuencias que máis preocupa ao sector forestal é a situación do abandono do rural, que deixaría sen xestionar o bosque galego. Advirten de que tres mil empresas que dependen das dúas plantas tractoras do sector en Galicia estarían en risco.

Alertan de que Ence alimenta unha infraestrutura de propietarios de montes, viveiros, rematantes e transportistas que dependen dos 85 millóns que se distribúen anualmente entre moitas familias. Rexeitan o peche da compañía e critrican a decisión.

Desde o sector forestal preparan mobilizacións e estudan facerse visibles tamén en Madrid.

Noticias web

11/04/2019