O sector e a Xunta, satisfeitos co ensaio para a reapertura do ocio nocturno
Publicado o 14/06/2021 15:59
Éxito do ensaio para a reapertura do ocio nocturno que se celebrou esta fin de semana en varios locais de Galicia. Había tantas ganas de volver a gozar da noite que os 1.300 galegos que tiveron a oportunidade de bailar e tomar unha copa de novo cumpriron escrupulosamente as normas.
Daniel Lorenzo, propietario pub La Pomada, di que "unha vez dentro, todo o mundo estaba coa máscara e só a quitaban para beber".
Os participantes, o sector e a Xunta coinciden en cualificar de éxito o ensaio para a reapertura.
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, afirma que "foi un éxito". "Agora queda avaliar os resultados, porque para iso se fan as probas piloto", engade.
A data prevista para que o ocio nocturno volva a funcionar é o 1 de xullo.