CRTVG

Buscar

O sector dos videoxogos non se ve afectado pola crise causada pola pandemia

Publicado o 08/04/2021 16:14

Os videoxogos axudaron a combater o aburrimento primeiro durante o confinamento e agora cos peches. Boa proba diso é que algunhas empresas do sector bateron récord de vendas.

O que si está freando a pandemia é a saída ao mercado de novos xogos. O teletraballo complica a produción, por iso este ano os consumidores terán menos sorpresas do habitual.

O 57 por cento dos estudos españois de videoxogos logrou manter os seus empregados durante a pandemia e máis do 30 por cento mesmo conseguiu medrar e aumentar o cadro de traballadores.

Noticias web

08/04/2021