O sector dos salóns de peiteado pide apoio aos grupos parlamentarios para baixar o IVE
Publicado o 14/06/2021 14:59
Os traballadores e empresarios dos salóns de peiteado e estética din que están afogados, e buscan o apoio dos grupos parlamentarios no Congreso. Despois de meses con limitacións, reclaman o que lles prometeron hai anos: unha baixada do IVE do 21 ao 10 %, como servizo esencial.
Este domingo volveron manifestarse en Madrid. Aos problemas que xa tiñan súmase tamén a nova tarifa da luz, xa que non se poden adaptar ao horario máis económico. Calculan que un 38 % dos salóns de peiteado de toda España xa pecharon as portas.