CRTVG

Buscar

O sector dos materias compostos mostran en Vigo que son presente e futuro

Publicado o 03/07/2019 21:35

350 expertos en materiais compostos converten estes días Vigo no referente do sector. E non falamos do futuro, senón dunha realidade no noso día a día que abrangue motísimos sectores.

Esta tecnoloxía vai pouco a pouco entrando no sector da automoción. Os coches de carreiras sí usan materiais compostos, e toda esa tecnoloxía que garante a seguridade e confort dos pilotos pódese aplicar aos vehículos que circulan polas nosas rúas.

A combinación de materiais compostos e nanotecnoloxía permite obter productos de altísimo valor engadido.
Cousas tan curiosas como esta pedra moi fina do Barco de Valdeorras á que integraron un sensor capaz de detectar a posición da man, que abre toda unha chea de posibilidades.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019