CRTVG

Buscar

As comecartos, obxectivo de varios grupos delincuentes que percorren Galicia

Publicado o 15/05/2018 14:20

O sector do xogo en Galicia estase vendo moi afectado polos continuos roubos. Cada vez son máis os ladróns que buscan cartos fáciles roubando nas máquinas comecartos dos establecementos hostaleiros de todo Galicia.

As continuas vagas de roubos nas máquinas comecartos dos establecementos hosteleiros galegos teñen en alerta a policía e tamén a Asociación Galega de Empresas Operadoras, representante do sector das máquinas recreativas de Galicia, xa que se ven moi afectados por esta situación.

Dende a asociación, cren que a única solución é que a Xustiza sexa máis dura cos ladróns, ademais de aumentar a vixilancia e os efectivos policiais. E piden aos ladróns que deixen de roubar e traballen de forma humilde.

Serafín Portas cre que este tipo de roubos están ligados á facilidade para conseguir cartos en efectivo, por iso cada vez aumentan máis. Os hosteleiros tamén comparten esta opinión.

A través das imaxes das cámaras de videovixilancia pódese comprobar que os ladrón empregan en case todos os roubos a mesma estratexia: rompen a pechadura ou o cristal, entran, golpean a máquina comecartos e foxen. A algúns incluso lles dá tempo de revisar se tamén hai cartos na caixa rexistradora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2018