O sector do transporte di que deberían pagar a metade das peaxes da AP-9
O sector do transporte de mercadorías por estrada reclama unha rebaixa nas peaxes da AP-9, cre que os camións deberían pagar a metade do que lles custa agora. Nunha entrevista desta casa, advirten que a situación é insostible.
A crise que comezou no 2008 levou por diante 2.000 empresas galegas dedicadas ao transporte de mercadorías por estrada. O sector tentou recuperarse nos últimos catro anos, pero atopa atrancos. Un dos máis importantes, a suba das peaxes na AP-9: 96 euros para un camión por percorrer, ida e volta, a fachada atlántica. Din que situación é insostible.
Outro reto, a deslocalización das empresas e a competencia dos camioneiros de Europa do leste. Os profesionais tamén denuncian o que tardan, ata 90 días, para cobrar por un servizo.