O sector do taxi esixe axudas urxentes tras o toque de queda
Publicado o 28/10/2020 07:35
E para o sector do taxi, o toque de queda é a última estocada. En Barcelona están a levar a cabo mobilizacións para reinvindicar axudas urxentes que lles permitan paliar a crise en que está sumida o sector a raíz da emerxencia sanitaria.
Entre outras cuestións, piden soporte xurídico para poder regular a flota en función da demanda que se ve moi diminuída.
Amais esixen unha moratoria sen intereses dos empréstitos e hipotecas e axudas directas polo cesamento de actividade.