CRTVG

Buscar

O sector do ocio nocturno considera "escasas" as medidas de alivio

Publicado o 19/09/2021 15:27

Optimismo contido no sector do ocio nocturno coa tímida relaxación das medidas de seguridade fronte á covid. Toda Galicia, agás Monforte de Lemos, está no nivel de restricións medio-baixo. 

A libre circulación entre as tres e as seis da mañá e a posibilidade de bailar, aínda que sexa con máscara, son os aspectos máis valorados para as persoas que acoden aos establecementos de ocio nocturno.

O sector considera escasa a apertura. Parte do empresariado lamenta que os horarios aínda sexan reducidos e as limitación da ocupación provoquen ringleiras e masificación ás portas dos locais. Tamén denuncia que o peche anticipado favorece a celebración de botellóns e concentracións na rúa.

A parte positiva é o adianto na chegada da clientela, o que lles permite deitarse máis cedo. 

Noticias web

19/09/2021