CRTVG

Buscar

O sector do marisqueo fai un balance positivo da campaña do berberecho

Publicado o 30/10/2019 14:20

É un dos bancos máis produtivos para o berberecho. A primeira hora da mañá, tanto en embarcación como a pé, os mariscadores traballaban nos Lombos do Ulla capturando este bivalvo. A campaña arrancou o 14 de outubro. Só nas dúas primeiras semanas capturáronse aquí máis de 33.000 quilos de berberecho, segundo datos da Consellería do Mar.

Maria José Vales, patroa maior de Vilanova, explica que é unha boa campaña, aínda que os prezos non son tan altos como lles gustaría. 

Aínda así, non todos no sector son tan optimistas coa campaña deste ano. De feito, este mariscador explica que en anos anteriores houbo moito máis berberecho que na actualidade. A patroa maior di que hoxe en dia reduciuse a cota máxima de captura por día, co obxectivo de protexer a produción. E aínda é cedo, pero xa intúen unha boa campaña de Nadal.

Unhas 300 embarcacións acoden a traballar nesta zona da ría da Arousa. Capturan principalmente berberecho e ameixa, e confían no futuro do sector.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019