O sector do lecer nocturno galego facturou só un 7 % dos ingresos que tiveron no mesmo mes de 2019
Publicado o 26/08/2021 14:55

Agosto foi un mes durísimo para os locais de ocio nocturno galegos. Facturaron menos dun 7 % do que ingresaran no mesmo mes de 2019. A nivel nacional, o sector non chegou ao 12 % da caixa doutros veráns.
As cifras son das asociacións Galicia de Noche e España de Noche. Tamén recolle impresións do sector, que suspenden a xestión política da última onda. Din que a súa situacion é insostible e anuncian mobilizacións para reclamar máis axudas porque as que xa recibiron só cobren o 14 % das súas perdas.