CRTVG

Buscar

O sector do bonito galego pide non coincidir cos arrastreiros franceses e irlandeses

Publicado o 21/08/2020 21:19

Segundo nos conta Jose, ademais, pescan de noite. Van poucos mariñeiros en barcos grandes e botan as redes nos bancos de pesca que atopan os mariñeiros españois.


Ademais, non entenden que tendo España unha cota maior para o bonito, aquí xa rematara a costeira e que franceses e irlandeses aínda non gastasen a cota boniteira malia o modelo de pesca industrial que practican.


Os patróns galegos cren que este modelo de pesca é insostible e José inisiste en que non queren cadrar cos peláxicos, uns pesqueiros que sempre os están axexando.

Jose conta, tamén, que tras o ronsel destes barcos queda o numerosísimo peixe morto que descartan os arrastreiros peláxicos.

Noticias web

21/08/2020