CRTVG

Buscar

O sector do automóbil retoma a súa actividade de xeito gradual

Publicado o 27/04/2020 15:11

É un regreso a medio gas. Este luns abren as plantas de SEAT, en Martorell; Volkswagen, en Pamplona, e Mercedes-Benz, en Vitoria. Outras, como Iveco, Reanault, Nissan e Ford, xa teñen data para facelo no próximos días. Non é o caso de PSA, por agora sen día de apertura na planta de Vigo, en gran medida pola súa dependencia do resto de plantas que o grupo ten en Europa.

O recomezo das vendas coa apertura dos concesionarios influirá para volver á produción na factoría, que desde a súa paralización o pasado 17 de marzo deixou de producir 2.358 unidadades diarias.

O comezo da actividade prodúcese entre importantes medidas de seguridade e as quendas vanse incorporando de xeito gradual, polo que as fábricas tardarán un tempo para estar a pleno rendemento.

Noticias web

27/04/2020