O sector das vodas reinvéntase con celebracións máis íntimas
Publicado o 19/03/2021 18:03
Manuel é a segunda xeración dunha empresa familiar dedicada á organización de vodas e eventos. No 2020 a súa facturación caeu un 80% e as vodas celebradas pasaron dos 150 convidados á metade.
Unha das súas prioridades foi dar resposta ás novas peticións dos noivos.
Celebracións ao aire libre e máis íntimas é a opción que máis lle demandan tamén á empresa de Óscar.
Os noivos evitan as carpas e buscan espazos versátiles para os novos xeitos de relacionarse..
As vodas transformáronse e os empresarios do sector non dubidaron en reinventarse para dar resposta á nova realidade.