CRTVG

Buscar

O sector das verbenas pide volver traballar tras un ano parado

Publicado o 28/04/2021 15:35
O sector das verbenas pide volver traballar tras un ano parado

O sector das festas e as verbenas pide volver traballar de maneira segura. Representantes deste colectivo concentráronse diante do Parlamento de Galicia para pedir que os escoiten. Queren unha desescalada segura que permita o regreso destes eventos festivos, e piden axudas tras máis dun ano sen poder traballar. O sector das festas integra unhas 450 empresas en Galicia.