CRTVG

Buscar

O sector das atraccións de feira denuncia que non hai festas para poder traballar

Publicado o 23/04/2021 20:09

• Din que autorización chega tarde

No sector hai satisfacción relativa. Din que esta autorización chega tarde, pero aplauden que por fin poden traballar, logo de máis dun ano de parada. O que non teñen mi claro é cando e onde, xa que non hai festas previstas. Por iso algúns piden a implicación dos concellos para que se lles permita ter presenza en eventos. A autorización para a reapertura contempla, entre outras medidas, limitar ao 50 por cento os asentos por fila se non se pode garantir a distancia de seguridade, ou unha ocupación máxima do 30 por cento naquelas que non os teñan.

Algúns levan case ano e medio sen traballar, polo que a noticia chegoulles coma auga de maio. Desde hoxe autorízase o funcionamento das atraccións de feira en Galicia. No sector hai unha sensación agridoce, e para remontar piden a colaboración das administracións, tamén dos concellos.

Din que as solucións deben chegar de xeito urxente xa que levan tempo nunha situación moi complicada.

Ademais de todas as medidas de desinfección deberá cumprirse a distancia de seguridade. Se non é así, so poderá ocuparse un máximo do 50 por cento de asentos. Nas atracións que non teñan asentos, o límite será do 30 por cento da capacidade.

Noticias web

23/04/2021